Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28456

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomean funcionarios de carreira, categoría superior da subescala de Intervención-Tesouraría, da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á citada categoría e subescala convocada mediante a Resolución do 6 de agosto de 2010.

Unha vez rematado o proceso selectivo, convocado pola Resolución do 6 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de Intervención-Tesouraría, da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal (DOG nº 153, do 11 de agosto), e ao abeiro do disposto na base IV.4 da convocatoria, o director xeral de Administración Local, en virtude do artigo 1.6 da Orde do 22 de setembro de 2011 sobre delegación de competencias na secretaría xeral e noutros órganos desta consellería (DOG nº 164, do 10 de outubro), por delegación do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios de carreira de Administración local, con habilitación de carácter estatal, da categoría superior da subescala de Intervención-Tesouraría, os aspirantes que superaron o proceso selectivo que se relacionan e coas puntuacións finais que se indican no anexo que se xunta a esta resolución.

Segundo. Comunicarlle ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas este nomeamento para que proceda a acreditar a habilitación estatal obtida e a súa inscrición no correspondente rexistro.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

Canzobre Méndez, María del Pilar

32836185M

47,28

Gómez Corbal, Olga

36130358A

47,18

Rodríguez Tourón, María Belén

33297598S

46,45

Rodríguez Pérez, Sergio

36133344E

45,16

Vázquez Parga, Luis Ramón

33328308C

45,01

Presas Beneyto, Jaime

32825403X

43,95

Moreno López, Justo

09177845V

36,64