Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28458

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se declaran aptos na fase de prácticas opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de abril de 2011 (DOG do 11 de abril).

A Orde do 8 de abril de 2011 (DOG do 11 de abril) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos ditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece na súa base décimo terceira que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Pola Orde do 28 de xullo de 2011 (DOG do 26 de agosto) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores seleccionados no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres convocado pola Orde do 8 de abril de 2011 (DOG do 11 de abril).

Pola mesma orde nomeáronse funcionarias en prácticas Ana Barreiro Camiña e Beatriz Teixeira Presas, seleccionadas no procedemento selectivo do ano 2010 que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres convocado pola Orde do 8 de abril de 2011 (DOG do 11 de abril).

Segundo. Declarar aptas na fase de prácticas a Ana Barreiro Camiña e Beatriz Teixeira Presas, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas, e superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 11 de marzo de 2010 (DOG do 25 de marzo).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria