Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (642/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 642/2011, acumulados aos seguidos no Xulgado do Social número 2 da mesma cidade co número 662/2011 e os seguidos no Xulgado do Social número 3, así mesmo da Coruña, co número 694/2011, sendo partes del, dun lado como demandante Guillermo María Montero Blanco, e, doutro, como demandadas, as empresas Transportes Visantoña, S.A., asistida pola letrada Sra. Fernández García, Logesta Nororeste, S.A., asistida pola letrada Sra. Segura Núñez, e as empresas Llanera Logística, S.L., Distribuciones Vaamonde, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., sen que ningunha delas compareza, o administrador concursal de Transportes Visantoña Diego Comendador Alonso, que igualmente deixa de comparecer, Fernando Luis Vaamonde Romero, que tampouco comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 21.5.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Desestímase a demanda interposta por Guillermo María Montero Blanco fronte a Transportes Visantoña, S.A., Logesta Nororeste, S.A., Llanera Logística, S.L., Distribuciones Vaamonde, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., o administrador concursal de Transportes Visantoña, Diego Comendador Alonso e Fernando Luis Vaamonde Romero, con intervención do Fondo de Garantía Salarial por inexistencia de despedimento, e absolvo as codemandadas das pretensións fronte a eles exercidas, e desestimo igualmente as excepcións de falta de competencia da xurisdición social alegadas por Transportes Visantoña, S.A. e Logesta Nororeste, S.A., así como a falta de lexitimación pasiva oposta por esta última.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta neste xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Distribuciones Vaamonde, S.L. e Depósito Fiscal y Logística, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 27 de xuño de 2012

A secretaria xudicial