Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28231

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 27 de xuño de 2012 de aprobación definitiva da modificación puntual número 8 do PXOM do Concello das Neves para a ampliación de zona verde e espazos libres.

O Concello das Neves remite o dito proxecto de modificación puntual para a súa aprobación definitiva, conforme os artigos 85.7 e 94.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello das Neves ten actualmente vixente o Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente o 13 de novembro de 1999.

2. Consta Decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 7.7.2009 pola que non é necesario someter a modificación puntual número 8 do PXOM das Neves a avaliación ambiental estratéxica.

3. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu en data 20 de xullo de 2009 informe previo á aprobación inicial da modificación puntual.

4. A modificación puntual número 8 foi aprobada inicialmente polo Pleno do 6.4.2010. Foi sometida a información pública durante dous meses mediante publicación no DOG do 16.6.2010 e nos xornais Atlántico e Faro de Vigo do 22.5.2010; e foron notificados os concellos limítrofes. Non se presentaron alegacións.

5. Constan informes municipais do arquitecto, de datas 23.3.2010, 9.2.2011 e 19.3.2012; e da secretaría, de datas 24.3.2010, 11.2.2011 e 19.3.2012.

6. Dos informes sectoriais solicitados, só emitiu informe a Dirección Xeral de Infraestruturas o 26.7.2010 en sentido favorable.

7. A modificación puntual número 8 foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno do día 30.9.2010.

8. O concello redactou un novo documento en que modifica a superficie destinada á parcela dotacional, que foi aprobado provisionalmente polo Concello Pleno do 22.2.2011.

9. Remitido o documento a esta consellería, en data 9.6.2011 formuláronselle unha serie de consideracións.

10. O concello redactou un novo documento corrixido, que foi aprobado provisionalmente polo Concello Pleno do 26.3.2012.

II. Análise e consideracións.

Analizada a documentación remitida polo Concello das Neves, e vista a proposta que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

1. O obxecto da modificación é ampliar as zonas verdes e espazos libres (ZVSG-3) do contorno do equipamento sanitario existente, co fin de mellorar o trazado das vías de acceso á estrada PO-416 e as condicións do aparcamento e as zonas verdes, obxecto que pode incluírse entre as razóns do artigo 94.1 da LOUG e, polo tanto, fundamentar o interese público requirido.

2. O ámbito da modificación acada 7.772 m2, dos cales –segundo o PXOM– 3.235,76 m2 están clasificados como solo rústico común e 4.536,24 m2 como solo urbano.

3. Coa proposta, que inclúe a ordenación detallada, destínanse 3.235,76 m2 a sistema xeral de zona verde, 1.572 m2 a vías-aparcadoiro e 2.964,24 m2 a equipamento.

4. Na modificación puntual xustifícase que a totalidade do ámbito é de titularidade municipal, para o cal inclúe as certificacións catastrais descritivas e gráficas das parcelas.

5. Prográmase unha única etapa para a realización da urbanización. A actuación será financiada con cargo aos fondos propios do concello.

6. A modificación implica cambios nas zonas verdes da ordenación vixente, polo que, de acordo co artigo 94.4 da LOUG, acadou o preceptivo informe favorable previo da Comisión Superior de Urbanismo en sesión do 20 de xuño de 2012.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

resólvese:

1º. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 8 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello das Neves, de acordo co establecido no artigo 85.7.a da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

3º. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4º. Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas