Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28039

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión ao organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, subscrita no exercicio 2012, para a realización dos traballos de diagnóstico, avaliación e proposta do novo sistema de información xeográfico para Augas de Galicia.

Denominación. Encomenda de xestión de Augas de Galicia ao Instituto de Estudos do Territorio para a realización dos traballos de diagnóstico, avaliación e proposta do novo sistema de información xeográfico para Augas de Galicia.

Actividade. Elaboración dun diagnóstico e avaliación dos sistemas de información xeográfica en funcionamento en Augas de Galicia, así como a revisión da información actual existente e o seu estado e validez en relación con estándares mínimos de calidade definidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ser Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio dous órganos dependentes da mesma administración.

Prazo de vixencia. O período de execución é desde o 14 de xuño de 2012 ata o 14 de outubro de 2012.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director xeral de Augas de Galicia