Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28040

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 27 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo mestres de taller de Artes Plásticas e Deseño, especialidade Dourado e Policromía (596604).

Primeiro

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, para a seguinte especialidade:

Especialidade

Titulacións

Dourado e Policromía

(596604)

– Graduado en Artes Aplicadas, sección de talleres de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, nunha das seguintes especialidades:

• Dourado e Policromía.

• Imaxinaría.

• Policromía.

• Talla en Madeira ou en Pedra.

• Talla Ornamental e Técnicas de Volume.

– Ciclo formativo de grao superior Artes Plásticas e Deseño de Artes Aplicadas da Escultura.

Segundo. Prazo de solicitude

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se optase por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Terceiro. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición dos interesados na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (xestión de profesorado; interinos e substitutos).

Cuarto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto. Requisitos dos candidatos e candidatas

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.

Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas no punto primeiro, non posúan o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do devandito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Sexto

O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución de 10 de maio de 2010, DOG do 19 de maio), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos