Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28178

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a asunción das funcións de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 8 de xuño de 2012, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, por acordo do Pleno do Consorcio do 16 de novembro de 2011 e seguindo o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento.

A citada delegación será levada a cabo polo organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 18 de xuño de 2012

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra