Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28176

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a asunción da competencia delegada para a recadación do imposto sobre o incremento do valor de terreos de natureza urbana do concello de Vilamartín de Valdeorras.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do día 16 de decembro de 2011, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo concello de Vilamartín de Valdeorras (recadación do imposto sobre o incremento do valor de terreos de natureza urbana), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 29 de decembro de 2011

José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense