Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 28 de xuño de 2012 pola que se empraza aos interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido practicar (expediente SANC/14/12 e sete máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázase os interesados que se indican no anexo para seren notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar os interesados deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo da delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa, e que se pode interpoñer recurso de alzada ante o presidente da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao final do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de ser o caso.

A sanción imposta deberá facerse efectiva mediante ingreso en calquera oficina da entidade financeira BBVA, conta corrente operativa da Axencia Galega de Infraestruturas, 0182 5947 11 0201503156, NIF Q1500376G; e de non facer o así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/14/12. Ref. Bis: 290/11.

Denunciado: Juan Paz Cochón.

Último enderezo coñecido: Lérez, Pontevedra.

Feito denunciado: manter árbores inclinadas sobre a estrada.

Data, estrada, p.q.: 2.11.2011; PO-310; p.q. 2+080/2+090.

Resolución: arquivamento.

Expediente: SANC/15/12. Ref. Bis: 289/11.

Denunciado: Manuel Moldes Gómez.

Último enderezo coñecido: Campañó. Pontevedra.

Feito denunciado: manter árbores inclinadas sobre a estrada.

Data, estrada, p.q.: 2.11.2011; PO-310; p.q. 2+070.

Resolución: arquivamento.

Expediente: SANC/17/12. Ref. Bis: 300/11.

Denunciada: Concepción Smith Chamosa.

Último enderezo coñecido: San Salvador, Poio de Arriba, Poio.

Feito denunciado: obstruír bueiro e instalar tubaxe.

Data, estrada, p.q.: 9.11.2011; PO-308; p.q. 7+870.

Resolución: prescrición.

Expediente: SANC/82/11. Ref. Bis: 218/11.

Denunciado: Francisco Sayans Domínguez.

Último enderezo coñecido: Arís, 46-1º. San Xoán de Poio. Poio.

Feito denunciado: muro de cerramento.

Data, estrada, p.q.: 20.6.2011; PO-303; p.q. 0+860.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/18/12. Ref. Bis: 298/11.

Denunciado: Francisco Sayans Domínguez.

Último enderezo coñecido: Arís, 46-1º. San Xoán de Poio. Poio.

Feito denunciado: colocar paso salvafoxos e canaleta.

Data, estrada, p.q.: 8.11.2011; PO-303; p.q. 0+860.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/11/12. Ref. Bis: 270/11.

Denunciada: Muebles Reigosa, S.L.U.

Último enderezo coñecido: Reigosa, 71. Ponte Caldelas.

Feito denunciado: cuberta metálica.

Data, estrada, p.q.: 7.2.2011; PO-532; p.q. 5+850.

Resolución: caducidade.

Expediente: SANC/16/12. Ref. Bis: 288/11.

Denunciado: Luis Portela.

Último enderezo coñecido: lugar de Soutullo, Sanxenxo.

Feito denunciado: manter árbores inclinadas sobre a estrada.

Data, estrada, p.k.: 2.11.2011; PO-308; p.q. 25+220.

Resolución: arquivamento.

Expediente: SANC/25/12. Ref. Bis: 316/11.

Denunciado: Rafael Carro Santorum.

Último enderezo coñecido: avda. das Sinas, 36. Pl. 1. Pt. B. Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: construír muros sen autorización.

Data, estrada, p.q.: 16.11.2011; PO-549; p.q. 6+650.

Resolución: sancionadora.