Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012 pola que se amplía o prazo de presentación de proposicións para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario de cableados estruturados para a rede corporativa da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 15/2012).

Debido a que se produciron modificacións nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, reiníciase o cómputo do prazo de presentación de proposicións.

Véxase a epígrafe «Pregos» no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=17647

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia