Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se fai pública a declaración de supramunicipalidade do Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público e da viaxe compartida nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, e se somete a información pública e a consultas xunto co seu informe de sustentabilidade ambiental.

De conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a parte dispositiva do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xullo de 2012 polo que se declara a incidencia supramunicipal do Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público e da viaxe compartida nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, que literalmente di:

«Declarar o Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público e da viaxe compartida nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos pola Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e polo Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal».

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; nos artigos 6 e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunipal; na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente; e na Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese para os efectos e durante os prazos que logo se precisan a seguinte documentación:

– Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público e da viaxe compartida nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, e o seu informe de sustentabilidade ambiental: sométense a información pública e a consultas polo prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunipal; e da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a anterior documentación en horario de oficina tanto nas dependencias da Dirección Xeral de Mobilidade –situadas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n en Santiago de Compostela–, como nas oficinas do Servizo de Mobilidade da respectiva xefatura territorial:

– A Coruña, na rúa Alcalde Pérez Ardá, 4 (estación de autobuses),

– Lugo, na rolda da Muralla, 70 (edificio administrativo da Xunta de Galicia),

– Ourense, na rúa Valente Docasar, 2 baixo, e

– Pontevedra, na rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º (edificio administrativo da Xunta de Galicia), e presentar ante a Dirección Xeral de Mobilidade ou ante a xefatura territorial correspondente as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue pertinentes. Así mesmo, a documentación poderá consultarse na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade http://www.cmati.xunta.es/mobilidade

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade