Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se acorda iniciar a tramitación e someter á participación pública a proposta do decreto polo que se revisa o Plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.) en Galicia.

O 21 de febreiro de 2012 elevouse á aprobación polo Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a proposta de inicio do procedemento de aprobación de revisión do Plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.) en Galicia, en cumprimento do Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

En relación ao procedemento de aprobación dos plans de xestión de especies ameazadas, no artigo 17 do Decreto 88/2007 establécese que a elaboración destes se iniciará mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 3.5 da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e no artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente,

RESOLVO:

Primeiro. Iniciar a tramitación da proposta do borrador do decreto polo que revisa o Plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos, L.), dispoñible no enderezo web:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=Plans_en_tramitacion.html&sub=Especies_ameazadas/

Segundo. Abrir un período de participación pública nestas propostas cun prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, coa finalidade de que todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico: biodiversidade2.cma@xunta.es

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza