Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 3 de setembro de 2012, ás 10.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramo

Lote 1.1

Rústico. Rego de Monseibán, destinado a prado ou pradarías e sito no municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de douscentos corenta e catro metros cadrados. Ref. catastral 27065 A 039002730000 FY. Lindes: norte, parc. 274, pol. 39, lugar Rego de Monseibán, de Marcial Bermúdez Ramudo; sur, camiño; leste e oeste, parc. 275, pol. 39, lugar Rego de Monseibán, de Mercedes Ramudo Río. Titularidade: Juan Carlos Coira Vicente, 100% de propiedade.

1.637,57

Sen cargas

1.637,57

100,00

Lote 1.2

Rústico. Rego de Monseibán, a destino agrario e sito no municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de setecentos noventa e seis metros cadrados. Ref. catastral 27065 A 039002870000 FD. Lindes: norte, parc. 288, pol. 39, lugar Rego de Monseibán, de Mª Dorinda González Vizoso; sur e oeste, parc. 286, pol. 39, lugar Rego de Monseibán, de Mercedes Ramudo Río; e leste, camiño. Titularidade: Juan Carlos Coira Vicente, 100% de propiedade.

7.608,13

Sen cargas

7.608,13

200,00

Lote 1.3

Rústico. Vilar da Rocha, destinado a prados ou pradarías e sita no municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de mil seiscentos setenta e sete metros cadrados. Ref. catastral 27065 A 041007820000 FL. Lindes: norte, parc. 793, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de David Bautista Guntín Gómez; sur, parc. 780, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Leonardo López Fernández; leste, parc. 850, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Mª Carmen Rego Ramudo; e oeste, parc. 781, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Andrés Coira de Vicente. Titularidade: Juan Carlos Coira Vicente, 100% de propiedade.

3.154,36

Sen cargas

3.154,36

200,00

Lote 1.4

Rústico. Vilar da Rocha, destinado a piñeiral madeireiro e sito no municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de mil trescentos sesenta e nove metros cadrados. Ref. catastral 27065 A 041009570000 FZ. Lindes: norte, camiño; sur, parc. 981, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Josefa Cordal Rego; leste, parc. 959, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Inés Carballal Gato; e oeste, parc. 955, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Josefa Cordal Rego. Titularidade: Juan Carlos Coira Vicente, 100% de propiedade.

3.547,27

Sen cargas

3.547,27

200,00

Lote 1.5

Rústico. Vilar da Rocha, destinado a piñeiral madeireiro e sito no municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de douscentos metros cadrados. Ref. catastral 27065 A 041009580000 FU. Lindes: norte, camiño; sur, camiño; leste, parc. 960, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Inés Carballal Gato; e oeste, parcela 956, pol. 41, lugar Vilar da Rocha, de Josefa Cordal Rego. Titularidade: Juan Carlos Coira Vicente, 100% de propiedade.

518,22

Sen cargas

518,22

100,00

Lote 2.1

Predio 41749. Tomo 1269, libro 830, folio 209. Urbano. Local comercial, en parte de entresollado no edificio sito na avenida da Coruña, 204, con fachada posterior á praza de San Lourenzo, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de cincuenta e catro metros e cincuenta decímetros cadrados. Ref. catastral 7344055 PH 1674 S 0063. Titularidade: Creacións Máxicas, S.L., pleno dominio por título de compravenda.

111.627,51

68.676,76

42.950,75

500,00

Lote 2.2

Predio 60609. Tomo 1204, libro 765, folio 135. Urbano. Vivenda tipo E na segunda planta alta de vivendas no edificio da rúa Montero Ríos, 83, facendo esquina á rúa de Castelao e á rúa Miguel de Cervantes da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de noventa e catro metros e dous decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho sinalado co número once. Ref. catastral 8236001 PH 1683 N 0014. Titularidade: Creacións Máxicas, S.L., pleno dominio por título de compravenda.

165.579,57

68.676,76

96.902,81

500,00

Lote 2.3

Predio 77877-1. Tomo 1208, libro 769, folio 50. Urbano. No soto dous do edificio da rúa Montero Ríos, 83, facendo esquina coa rúa Castelao e Miguel de Cervantes, na cidade de Lugo, praza de garaxe número 10 e rocho número 6. Titularidade: Creacións Máxicas, S.L., 12/201 avas partes indivisas por título de compra.

14.667,68

68.676,76

2.358,48

100,00

Lote 3.1

Predio 3700. Tomo 397, libro 33, folio 153. Rústico. Terreo coñecido como Leira de Cima da Tilleira, sito na parroquia de Santa María de Vilaragunte, no municipio de Paradela. Ten unha superficie de vinte e catro áreas e catro centiáreas. Titularidade: Pilar Díaz López, 100% pleno dominio con carácter ganancial, por título de compravenda.

3.501,49

2.038,51

1.462,98

100,00

Lote 3.2

Predio 3755. Tomo 397, libro 33, folio 213. Rústico. Terreo coñecido como Monte de Bois sito na parroquia de Santa María de Vilaragunte, no municipio de Paradela. Ten unha superficie dunha hectárea. Titularidade: Pilar Díaz López, 100% pleno dominio con carácter ganancial, por título de compravenda.

13.714,16

13.019,33

694,83

100,00

Lote 4. Único

Predio 28091. Tomo 706, libro 274, folio 90. Rústico. Adulación Domingo Cortijo e Preguín O Matalobos, destinada a monte e sita na parroquia de Faro, municipio de Viveiro. Ocupa a superficie de corenta e catro áreas e trinta e tres centiáreas. Lindes: norte, estrada; sur, resto de terreo matriz; leste, resto de terreo matriz; e oeste, herdeiros de Dores Díaz. Titularidade: Distribuciones Playa de Area, S.L., 100% do pleno dominio, con carácter propio. Na actualidade hai unha estación de servizo-gasolineira sobre o devandito terreo.

215.430,32

428.241,60

1.845,71

100,00

Lote 5. Único

Predio 24434. Tomo 609, libro 210, folio 194. Urbano. Vivenda, piso tipo F situado á esquerda subindo a escaleira número 3 na segunda planta do edificio da avenida de Ourense, 27-29, esquina á travesía de Ourense, 1, na vila de Chantada. Ocupa a superficie útil, incluído un balcón na parte que da ao patio interior do edificio, de cen metros e oitenta e seis decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho sito en planta baixo cuberta de seis metros cadrados, sinalado coas siglas do piso. Ref. catastral 0881564PH0108S0060UF. Titularidade: Simón Hermida Cabo, 100% do pleno dominio con carácter privativo.

79.870,56

75.049,46

4.821,10

200,00

Lote 6.1

Predio 10870. Tomo 695, libro 307, folio 117. Soar. Terreo coñecido como Escaleira, sito en Cantarrá, s/n, en Ove, municipio de Ribadeo. Ten unha superficie de trinta áreas con vinte e catro centiáreas. Titularidade: José Pulpeiro Doval, Os Gallopiños, 100% pleno dominio, por título de compravenda.

171.110,25

Sen cargas

171.110,25

500,00

Lote 6.2

Predio 28218. Tomo 879, libro 391, folio 152. Local comercial sito na rúa Vía Transversal, s/n, baixo no municipio de Ribadeo, na provincia de Lugo. Ten unha superficie útil de setecentos metros e dezasete decímetros cadrados. Titularidade: José Pulpeiro Doval, Os Gallopiños, 100% pleno dominio, por título de propiedade horizontal.

551.593,93

618.350,00

23.284,86

500,00

Lote 6.3

Predio 28222. Tomo 879, libro 391, folio 160. Urbano. Vivenda, piso sen anexos sito na rúa Vía Transversal, s/n, 1º D, no municipio de Ribadeo. Ten unha superficie útil de noventa e un metros e trinta decímetros cadrados. Titularidade: José Pulpeiro Doval, Os Gallopiños, 100% pleno dominio, por título de propiedade horizontal.

117.229,20

146.020,00

23.284,86

500,00

Lote 6.4

Predio 28261. Tomo 888, libro 392, folio 15. Urbano. Vivenda dúplex sen anexos sita na rúa Vía Transversal, s/n, 5º C (baixo cuberta). Ten unha superficie útil de cento dezaoito metros e corenta e cinco decímetros cadrados. Titularidade: José Pulpeiro Doval, Os Gallopiños, 100% pleno dominio, por título de propiedade horizontal.

153.511,20

213.070,00

23.284,86

500,00

Lote 6.5

Predio 28265. Tomo 888, libro 392, folio 23. Urbano. Vivenda dúplex sen anexos sita na rúa Vía Transversal, s/n, 5º G (baixo cuberta). Ten unha superficie útil de cento nove metros e dez decímetros cadrados. Titularidade: José Pulpeiro Doval, Os Gallopiños, 100% pleno dominio, por título de propiedade horizontal.

141.393,60

204.130,00

23.284,86

500,00

Lote 7. Único

Rústico. Grandas, destinado a piñeiral madeireiro e sito no municipio de Ribadeo. Ocupa a superficie de mil setecentos catro metros cadrados. Ref. catastral 27051A002000010000HH. Lindes: norte, parc. 4, polígono 2, lugar Grandas, da Consellería de Educación; sur, parc. 9003, estrada N-634; leste, parc. 2, pol. 2, lugar Grandas, de Isabel Rosa Pérez Martínez; e oeste, camiño a Grandas. Titularidade: Santiago López Suárez, 100% de propiedade.

9.199,20

Sen cargas

9.199,20

200,00

Lote 8. Único

Urbano. Soar, solo sen edificar sito en Camiño Real, 16, na vila de Xove. Ocupa a superficie de oitocentos cincuenta e tres metros cadrados. Ref. catastral 0582006 PJ 2308 S 0001 YF. Lindes: fronte, rúa Camiño Real; fondo, camiño Agramonte, 6, de José Iravedra Cabanas; dereita, Camiño Real, 14, de Manuel Rodríguez Quelle; e esquerda, camiño Agramonte 4. Titularidade: Lympy Island, S.L., 100% de propiedade.

156.629,33

Sen cargas

156.629,33

500,00

Lote 9. Único

Predio 98570. Tomo 1435, libro 996, folio 182. Urbano. Parcela sita no termo municipal de Lugo, formando parte do polígono industrial denominado O Ceao e identificada como parcela 117B situada na rúa do Vidro. Ten unha superficie de catro mil douscentos metros cadrados. Sobre a parcela descrita construíuse unha nave industrial, sen uso determinado, formada de planta baixa e entresollado, que ocupa unha superficie de mil cento vinte e cinco metros cadrados da totalidade da parcela. Ref. catastral: 6974917 PH 1667 S 0001 BJ. Titularidade: Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., pleno dominio, por título de compra.

593.248,05

576.738,66

16.509,39

500,00

Lote 10. Único

Predio 59812 N. Tomo 1060, libro 621, folio 167. Urbano. Piso segundo centro, sinalado coa letra B no edificio da rúa Progreso, 37, 39 e 41, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de setenta e oito metros e oitenta e dous decímetros cadrados. Ref. catastral 7833001 PH 1673 D 0020 OY. Titularidade: Nedal Letum Taher, unha metade indivisa do pleno dominio, con carácter privativo, por título de compra.

97.847,75

114.149,11

861,87

100,00

Lote 11.1

Predio 20374. Tomo 1666, libro 1227, folio 221. Urbano. Casa en construción sita na rúa Ramón Montenegro, s/n. Consta de planta baixa que ocupa a totalidade do soar, é dicir, cento corenta e catro metros e noventa e seis decímetros cadrados, así como de dúas plantas altas que miden cada unha cen metros cadrados. Ref. catastral: 8231816 PH 1683 S 00001 EE. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de compra.

208.574,75

236.483,09

72.892,99

500,00

Lote 11.2

Predio 111957. Tomo 1702, libro 1263, folio 181. Urbana. Solo cunha superficie total de novecentos un metros cadrados que resulta da unión de tres casas cos seguintes enderezos: Ramón Montenegro, 9. Río Chamoso, 1. Río Chamoso, 3. Ref. catastrais: 815 PH 1683 S 0002 KR, 8231815PH1683S0001JE, 8231815 PH 1683 S 0003 LT. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio por título de agrupación.

847.100,62

2.402.641,39

72.892,99

500,00

Lote 11.3

Predio 118892. Tomo 1841, libro 1402, folio 5. Urbano, un. Garaxe cinco, situado en parte do soto terceiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Ten unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

8.969,40

5.180,00

3.789,40

200,00

Lote 11.4

Predio 118894. Tomo 1841, libro 1402, folio 6. Urbano, dous. Garaxe oito, situado en parte do soto terceiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

8.969,40

5.180,00

3.789,40

200,00

Lote 11.5

Predio 118896. Tomo 1844, libro 1402, folio 7. Urbano, tres. Garaxe once, situado en parte do soto terceiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

8.969,40

5.180,00

3.789,40

200,00

Lote 11.6

Predio 118898. Tomo 1841, libro 1402, folio 8. Urbano, catro. Garaxe doce, situado en parte do soto terceiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

8.969,40

5.180,00

3.789,40

200,00

Lote 11.7

Predio 118900. Tomo 1841, libro 1402, folio 9. Urbano, cinco. Garaxe trece, situado en parte do soto terceiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

8.969,40

5.180,00

3.789,40

200,00

Lote 11.8

Predio 118902. Tomo 1841, libro 1402, folio 10. Urbano, seis. Garaxe catorce, situado en parte do soto terceiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

8.969,40

5.180,00

3.789,40

200,00

Lote 11.9

Predio 118910. Tomo 1841, libro 1402, folio 14. Urbano, dez. Conxunto formado polo garaxe dezaoito e o rocho 1, situado en parte do soto tres do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie aproximada de trinta metros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

14.060,00

6.808,00

7.252,00

200,00

Lote 11.10

Predio 118918. Tomo 1841, libro 1402, folio 18. Urbano, catorce. Garaxe doce, situado en parte do soto segundo do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

9.088,20

5.476,00

3.612,20

200,00

Lote 11.11

Predio 118920. Tomo 1841, libro 1402, folio 19. Urbano, quince. Garaxe trece, situado en parte do soto segundo do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados.

9.088,20

5.476,00

3.612,20

200,00

Lote 11.12

Predio 118940. Tomo 1841, libro 1402, folio 29. Urbano, vinte e cinco. Garaxe oito, situado en parte do soto primeiro do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Posúe unha superficie útil de nove metros e noventa decímetros cadrados. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

9.207,00

5.624,00

3.583,00

200,00

Lote 11.13

Predio 118982. Tomo 1841, libro 1402, folio 50. Urbano, corenta e seis. Vivenda C situada en parte da planta baixa do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Destinada a vivenda cunha superficie útil de cincuenta e cinco metros e sesenta decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o garaxe número sete situado no soto segundo cunha superficie de nove metros e noventa decímetros cadrados, así como o rocho B situado tamén no soto segundo cunha superficie de sete metros e oitenta e sete decímetros cadrados con acceso exclusivo polo garaxe sete. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

90.745,92

120.620,00

72.892,99

500,00

Lote 11.14

Predio 118992. Tomo 1841, libro 1402, folio 55. Urbano, cincuenta e un. Vivenda C situada en parte da primeira planta alta de vivendas do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Destinada a vivenda cunha superficie útil de cincuenta e catro metros e setenta e sete decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o garaxe dezasete do soto segundo cunha superficie de nove metros e noventa decímetros cadrados, así como o rocho 1º C do soto segundo cunha superficie de seis metros e noventa e dous decímetros cadrados con acceso exclusivo polo garaxe dezasete. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

89.934,41

115.872,00

72.892,99

500,00

Lote 11.15

Predio 118998. Tomo 1841, libro 1402, folio 58. Urbano, cincuenta e catro. Vivenda F, en parte da primeira planta alta de vivendas do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Destinada a vivenda cunha superficie de cincuenta e tres metros e noventa e oito decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o garaxe dous do soto segundo cunha superficie de nove metros e noventa decímetros cadrados, así como o rocho 1º F do soto segundo cunha superficie de seis metros e noventa e tres decímetros cadrados con acceso exclusivo polo garaxe dous. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

88.801,24

117.808,00

72.892,99

500,00

Lote 11.16

Predio 119012. Tomo 1841, libro 1402, folio 65. Urbano, sesenta e un. Vivenda F na segunda planta alta de vivendas do edificio da rúa Carballo, 20-22-24-26-28, da cidade de Lugo. Destinada a vivenda cunha superficie de cincuenta e catro metros e sesenta e oito decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o garaxe dous do soto terceiro cunha superficie de nove metros e noventa decímetros cadrados, así como o rocho 2º F do soto terceiro cunha superficie de seis metros e noventa e tres decímetros cadrados con acceso exclusivo polo garaxe dous. Titularidade: Promociones Norte 2005, S.L., pleno dominio, por título de división horizontal.

90.345,34

112.628,00

72.892,99

500,00

Lote 12. Único

Predio 32333. Tomo 803, libro 315, folio 185. Urbano. Vivenda, piso en planta primeira, porta C, no portal 1 do bloque I no edificio da rúa Granxas, na vila de Viveiro. Ocupa a superficie de 96, 1 metros cadrados e correspóndelle como anexo o rocho na planta de soto e sinalado co número 25. Ref. catastral 2163312 PJ 1326 S 0009 MU. Titularidade: Francisco Leonardo Rolle Piñeiro, 100% do pleno dominio, con carácter ganancial por título de compravenda.

118.480,44

202.073,31

4.813,67

200,00

Lote 13. Único

Predio 9504. Tomo 716, libro 30, folio 82. Rústico. Parcela de terreo identificada cos números 24, 25 e 32 a 42, no polígono industrial e comercial de Portomarín, sita nas parroquias de San Nicolás e San Pedro, municipio de Portomarín, cunha superficie total conxunta de once mil oitocentos oito metros cadrados. Titularidade: Vitalimen XXI, S.A., 100% do pleno dominio, por título de compravenda.

307.716,48

234.431,94

73.284,54

500,00

Lote 14.1

Dereitos hereditarios que á debedora María Cristina Luaces Calaza lle poidan corresponder sobre a herdanza de Celsa Lucía Calaza Ramudo, falecida o 8 de outubro de 2008, sendo declaradas herdeiras María Cristina Luaces Calaza, Irene Antonia Calaza Ramudo e Carmen María López Luaces, segundo testamento con número de protocolo 2.395 do notario Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias de Lugo; segundo expediente de sucesións nº 09/27/000/00476 presentado na Delegación Territorial de Economía e Facenda en Lugo.

38.441,24

Sen cargas

38.441,24

500,00

Lote 14.2

Dereitos hereditarios que á debedora María Cristina Luaces Calaza lle poidan corresponder sobre a herdanza de Jesús Gómez Illán, falecido o 20 de decembro de 2004, sendo declaradas herdeiras María Cristina Luaces Calaza e Belén Gómez Penalonga, segundo testamento con número de protocolo 2.805 do notario Germán Aguilera Cristóbal de Lugo; segundo expediente de sucesións nº 2005/27/000/00718 presentado na Delegación Territorial de Economía e Facenda en Lugo.

95.826,74

Sen cargas

95.826,74

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente, que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20% do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da previa deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 26 de xuño de 2012

Gonzalo Vázquez Rivas
Xefe territorial de Lugo e presidente da mesa