Con data do 6 de xuño de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012166TA-CO incoado a Francisco Javier Martínez Saiz.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Francisco Javier Martínez Saiz o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 22 de xuño de 2012
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2012166TA-CO.
Interesado: Francisco Javier Martínez Saiz.
DNI/NIF/CIF: 2839987Q.
Último enderezo coñecido: avenida de Brasil 4, 28020 Madrid.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: artigo 35 A) 1ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e 41 a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos 7 u) e 19.1,2 a).
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 30 € (trinta euros).