Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dun servizo suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria de mantemento evolutivo da aplicación de intermediación laboral (SICAS) do Servizo Público de Emprego de Galicia (expediente 2012.15. FC.AE).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18.

Correo eléctronico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento evolutivo da aplicación de intermediación laboral (SICAS) do Servizo Público de Emprego de Galicia.

3. Execución do contrato: un ano desde a súa formalización, prorrogable por outro.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: 480.000,00 €, máis 86.400,00 € (IVE). Total: 566.400,00 €.

7. Valor estimado do contrato: 960.000,00 €.

8. Garantías exixidas: definitiva 5% do importe de licitación, excluído IVE en calquera modalidade do artigo 96 do TRLCSP.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: só para os licitadores españoles e estranxeiros non pertencentes á Unión Europea grupo V (Servizos de tecnoloxías da información e as comunicacións), subgrupo 2 (Servizos de desenvolvemento e mantemento de programas de ordenador), categoría C (Anualidade media igual ou superior a 300.000 euros e inferior a 600.000 euros).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (só para estranxeiros membros da Unión Europea): ver cláusula 5.3.2.c) do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o día 31.7.2012, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos edificios administrativos de San Lázaro ou de San Caetano –Consellería de Traballo e Benestar–, en Santiago de Compostela (15781). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela o día 8.8.2012, ás 10.00 horas.

12. Gastos de publicidade. Custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto. Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 €. Taxa/liña de texto: 15,35 €. Custo do DOG: 5,42 € por liña publicada no DOG.

13. Data do envío do anuncio á Diario Oficial de la Unión Europea: o día 3.7.2012.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar