Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27993

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da prestación do servizo de mantemento das áreas verdes sitas no Polígono Industrial A Granxa, concello do Porriño.

Por Decreto da Alcaldía do 27 de xuño de 2012 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 09/12).

Obxecto do contrato: servizo de mantemento das áreas verdes sitas no Polígono Industrial A Granxa, no concello do Porriño.

Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

Orzamento base de licitación: 147.264 € (124.800 € + 22.464 € de IVE), cun prazo de execución de dous anos (sen posibilidade de prórroga).

Garantías: 5% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil de contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos que rexen a licitación.

Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 27 de xuño de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde