Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación da adxudicación do servizo de quiosco-bar situado na illa do Covo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Pontevedra. Órgano de Contratación: Xunta de Goberno local. Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Servizo de quiosco-bar situado na illa do Covo.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación ordinaria. Procedemento aberto e con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Canon.

Dous mil catrocentos euros/ano (mínimo) máis IVE.

5. Garantías.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Pontevedra, Servizo Municipal de Patrimonio, rúa Don Filiberto, oficinas municipais do Teatro Principal, 3º andar, Pontevedra, teléfono: 986 86 86 11. Fax: 986 84 13 86. Perfil de contratante do concello: www.pontevedra.eu. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

Durante os 26 días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación (no BOP ou no DOG ou no perfil de contratante).

8. Documentación que se deberá presentar.

A sinalada no artigo 27 do prego de cláusulas.

9. Lugar de presentación.

No Rexistro Xeral do concello, Michelena, 30. 36002 Pontevedra. Das 8.30 ás 13.30 horas, de luns a venres. Sábados das 9.00 ás 13.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Os indicados no artigo 30 do prego de cláusulas.

11. Gastos do anuncio.

A cargo do adxudicatario.

Pontevedra, 27 de xuño de 2012

Vicente García Legísima
Concelleiro de goberno delegado da Área de Réxime Interior e Persoal