Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre expediente de avaliación ambiental.

José Antonio Taboada López solicitou licenza municipal para a construción de dous silos forraxeiros que se situarán no polígono 94, parcela 5, no Gorgozo-Xuvencos.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Este anuncio servirá de notificación a todos aqueles lindeiros a quen non se puider practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 15 de xuño de 2012

Joaquín González González
Alcalde