Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (525/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 525/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicasio Noel García González contra a empresa Tubystal Norte, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña o trece de xuño de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Nicasio Noel García González, que comparece asistido polo letrado Daniel Pérez López, e doutra como demandado Tubystal Norte, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Decido que, estimando a demanda formulada por Nicasio Noel García González contra a empresa Tubystal Norte, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 4.302,86 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0525.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0525.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tubystal Norte, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

O secretario xudicial