Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de ampliación do CEIP A Igrexa-Calo en Teo, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED 29/12-O).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación da obra de ampliación do CEIP A Igrexa-Calo en Teo.

a) Lugar de execución: Teo (A Coruña).

b) Prazo de execución: 10 meses.

c) Clasificación: grupo C e categoría D.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 758.664,00 €.

b) IVE: 136.559,52 €.

c) Importe total: 895.223,52 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17754

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria