Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración da igrexa de San Cremenzo do Pindo en Carnota, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80%) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 113, do 14 de xuño de 2011; corrección de erros no DOG número 125, do 30 de xuño de 2011.

1.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: restauración da igrexa de San Cremenzo do Pindo, en Carnota (A Coruña), cofinancidado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

1.3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 156.250,67 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa operativo Feder 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

1.5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2012.

c) Contratista: Ecoservicios e Bioconstruccións Atlas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 132.422,44 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 25 de xaneiro de 2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria