Con data do 23 de maio de 2012, a xefa territorial da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador núm. 2012042TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Iulia Georgiana Neagu, con NIE: Y-1748478-D.
Unha vez intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Iulia Georgiana Neagu o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCGBanco, S.A. (NovaCaixaGalicia), do BBVA (transacción 1316, NIF S1511001H) e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 14 de xuño de 2012
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2012042TA-PO.
Denunciada: Iulia Georgiana Neagu, con NIE: Y-1748478-D.
Último enderezo coñecido: rúa Carral núm. 8-3º B, 36202-Vigo (Pontevedra).
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco; modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
Artigo 7: prohíbese fumar, ..., en: «u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».
Tipificación: unha infracción tipificada como leve no artigo 19.2 a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).