Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís da provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 33/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza do albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín), do albergue xuvenil Area (Viveiro), do campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo) e do campamento xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 255.838,00 €, IVE incluído.

5. Formalización:

a) Data: 22 de xuño de 2012.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L. (CIF B-36932309).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 254.453,99 €, IVE incluído.

Lugo, 22 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo