Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pola que se notifica a resolución do expediente de reintegro de subvención enmarcada no programa Iniciativa Xove, concedida ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2010 (DOG núm. 86, do 7 de maio).

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación da citada Resolución do 12 de marzo de 2012 e non sendo posible a súa práctica, notifícase por medio desta cédula á persoa interesada, o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

O acto foi adoptado polo director xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que ditou o acto. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, sitas no Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia da resolución segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Ovidio Rodeiro Tato
Director xeral de Xuventude e Voluntariado

ANEXO

Expediente: BS306B 2010/91-0.

Interesada: Selma Veiga Alén, como representante do grupo informal Viajes por Galicia y sus Antiguos Oficios.

DNI/NIF: 34878448-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Braña, 7-3º A, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Acto notificado: Resolución do 12 de marzo de 2012 relativa ao expediente declarativo de reintegro da subvención enmarcada no Programa Iniciativa Xove, concedida aos membros do Grupo Informal Viajes por Galicia y sus Antiguos Oficios, ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).