Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 80/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación L.M.T.S. parcela B-15 polígono de Teixeiro.

Situación: concello de Curtis.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,120 km, coa orixe en empalmes proxectados coa L.M.T.S. SDG-715, tramo entre o C.T. polígono Teixeiro nº 2 (expediente 487/05) e o C.S. Cervelo, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20kV, 3(1×240 Al), e final no C.S. parcela B-15 Pol. Teixeiro para instalar polo cliente (entrada e saída).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña