Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Carnota (expediente IN407A 53/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S, C.T., R.B.T., Romarís-Lira.

Situación: Carnota.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,380 km con condutor tipo R.H.Z.1-12/20 kV 3(1×240) Al, coa orixe en cela existente no C.T. Mar de Lira (expediente IN407A 2009/179) e final no C.T. Romarís-Lira proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado Romarís-Lira, tipo 2L+1P, cunha potencia 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea do C.T. Romarís-Lira, cunha lonxitude de 0,101 km, coa orixe en apoio proxectado tipo HV 11/630, con condutor tipo R.Z. 0,6/1 kV 3×150 Al+80 Alm e final na rede aérea existente.

Rede de baixa tensión soterrada do C.T. Romarís-Lira, cunha lonxitude de 0,078 km, con dúas saídas con condutor tipo XZ1. 0,6/1 kV 4(1×240) Al, coa orixe no C.T. Romarís-Lira proxectado e final dun circuíto de 19 m de lonxitude na rede aérea existente e doutro de 59 m de lonxitude en apoio proxectado.

Liña de baixa tensión aérea de C.T. Mar de Lira, cunha lonxitude de 0,185 km, coa orixe en apoio proxectado HV. 11/630, con condutor tipo R.Z. 0,6/1 kV, 3×150/80 mm2, 3×50/54,2 mm2 Alm e 2×25 mm2 Al.

Rede de baixa tensión soterrada do C.T. Mar de Lira (expediente IN407A 2009/179), cunha lonxitude de 0,141 km, composto de tres tramos de lonxitude 27, 100 e 14 m, respectivamente, con condutores tipo XZ1. 0,6/1 kV 4(1×240) Al, e XZ1. 0,6/1 kV, 4(1×95) Al.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben cando, intentada a notificación non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 8 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº 53/2012 Concello: Carnota Provincia: A Coruña

L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Romarís-Lira

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos Enderezo

Afección C.T.

m2

1

Vilán

Soar

Manuel Caamaño Fernández e hdos. de Josefina Gómez Caamaño

Portocubelo-Pquia. de Lira nº 12-15292 Carnota, A Coruña

Centro transf.

1.0

2

Vilán

Soar

Dominga Fiusa Caamaño

Miñarzo-Pquia. de Lira nº 168-15292 Carnota, A Coruña

Centro transf.

24.0