Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 77/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: proxecto de adecuación C.T. Autopista del Atlántico, 7-8.

Situación: concello de Oleiros.

Características técnicas: adecuación de centro de transformación CT Autopista del Atlántico, 7-8 (expediente 32385), proxéctase a adecuación do centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón existente, substituíndo o transformador por outro transformador de 100 kVA, e substitúese o cadro de baixa tensión existente por un novo interruptor tetrapolar automático, de acordo coa potencia do transformador. Substitúense as cadeas de illadores de vidro por novas cadeas con illador composite e procédese a desmontar os pararraios autoválvulas existentes en ferraxes independentes para instalalos sobre o transformador segundo o proxecto de adecuación CT Autopista del Atlántico, 7-8 (expediente 32385) (concello de Oleiros).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña