Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO de información pública sobre instalación e funcionamento de estación base de telefonía móbil rural.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 18/2012 que se tramita por instancia de Antonio Raposo Vidal en nome e representación da sociedade mercantil de telecomunicacións Vodafone España, S.A.U., para a instalación e o funcionamento de estación base de telefonía móbil rural Outdoor-Low Cost que se instalará na parcela 44 do polígono 75 deste termo municipal. Durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere convenientes.

Pantón, 15 de xuño de 2012

César Rodríguez Pedrido
Alcalde en funcións