Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para a construción dunha nave de cría e recría e para a ampliación da corte existente para zona de muxidura e un silo trincheira.

Teresa Ónega Estoa, en representación de Ganadería do Rei, S.C., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a construción dunha nave para a cría e recría, e para a ampliación da corte existente para zona de muxidura e silo trincheira, que se situará en Gueimonde. Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Pastoriza, 4 de xullo de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde