Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de exposición pública para a modificación do SRAU do contorno do polígono industrial Río do Pozo.

A Xunta de Goberno local en sesión do 5 de xullo de 2012 aprobou inicialmente o Plan de sectorización do ámbito I establecido na modificación puntual do PXOM de Narón para a modificación do SRAU do contorno do polígono industrial do Río do Pozo, redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos e outros, e promovido polo Concello de Narón.

En cumprimento do establecido no art. 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUGA) sométese o dito plan a exposición pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa última inserción no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol.

Durante o indicado prazo, o Plan de sectorización poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias de Urbanismo deste concello (6º andar) en horario de atención ao público das 8.30 ás 13.00 horas, e formular as alegacións que consideren pertinentes.

De conformidade co disposto no artigo 77.2 da LOUGA a aprobación inicial supón a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Narón, 5 de xullo de 2012

José M. Blanco Suárez
Alcalde