Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27842

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre o nomeamento de funcionario de carreira deste concello.

De conformidade co previsto no artigo 62 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, faise público o nomeamento da seguinte persoa como funcionario de carreira do Concello do Grove.

Nome e apelidos: Alfonso Estévez Salazar.

Data de toma de posesión: 9.2.2011.

Escala: Administración especial.

Subescala: técnica.

Denominación da praza: enxeñeiro de edificación.

Grupo: A1.

O Grove, 20 de xuño de 2012

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde