Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública de local de farmacia.

María Dolores Rodríguez Giráldez, solicitou a esta alcaldía licenza municipal para a actividade de acondicionamento de local para farmacia, que se situará na avenida de Santiago, 70, baixo, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo prazo –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

A Estrada, 27 de marzo de 2012

José C. López Campos
Alcalde-presidente