Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27840

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de información pública sobre a construción dunha nave para explotación de galiñas poñedoras campeiras na Sobreira.

Ángel Baqueiro Meijide, en representación da sociedade Explotación Campera de los Huevos de Oro, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción dunha nave para explotación de galiñas poñedoras campeiras que se situará na Sobreira-Boimorto. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Boimorto, 5 de xullo de 2012

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde