Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012 pola que se comunica a desestimación dos recursos de reposición interpostos por Claudina Europe, S.L. contra as resolucións de denegación de axuda ditadas nos expedientes IG110.2011.1.153, IG110.2011.1.154, IG110.2011.1.155 e IG110.2011.1.156, relativos a unha axuda á liña de participación en eventos expositivos e promocionais internacionais realizados fóra de Galicia.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), por medio da presente resolución ponse en coñecemento de Claudina Europe, S.L., titular dos expedientes IG110.2011.1.153, IG110.2011.1.154, IG110.2011.1.155 e IG110.2011.1.156, relativos a unha axuda á liña de participación en eventos expositivos e promocionais internacionais realizados fóra de Galicia (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro), que con data 3 de abril de 2012 o director xeral do Igape resolveu desestimar os recursos de reposición interpostos contra as resolucións de denegación de axuda.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. As resolucións de recurso de reposición esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os expedientes póñense de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica