Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xuño de 2012 pola que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/87/2011 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/88/2011, devoltas polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A inspectora urbanística acordou o 4 de xuño de 2012 dar traslado a Marcial González Vigo do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/87/2011 e da orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/88/2011, en relación coas actividades realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes en parcelación urbanística e construción de once edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar e construcións auxiliares, no lugar de Duancos, na parcela 6 do polígono 227, no termo municipal de Castro de Rei.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do traslado de ambos os acordos, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle ao interesado os citados acordos.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do traslado dos acordos que se notifican está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística