Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012 pola que se anuncia a contratación do servizo para o desenvolvemento dun sistema de xestión de eventos integrado cos diferentes sistemas de información corporativos da Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12-020.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento dun sistema de xestión de eventos integrado cos diferentes sistemas de información corporativos da Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

b) Prazo de execución: sete meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo de licitación:

Importe (sen IVE)

Importe IVE

Importe total

48.750,00 €

8.775,00 €

57.525,00 €

Distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2012: 39.000,00 €, IVE excluído.

Exercicio 2013: 9.750,00 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional.

Non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Clasificación exixida/solvencia.

Non se exixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Entidade: CIXTEC.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

2) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX):

As ofertas deberán presentarse no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), accesible a través do portal http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto(5) día hábil, contado a partir do seguinte ao do remate de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o décimo primeiro (11) día hábil, contado a partir do seguinte ao do remate de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Páxina web onde poden obterse os pregos.

- www.cixtec.es

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable