Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27728

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 19 de xuño de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria e se convocan para o ano 2012.

Advertidos erros na Orde do 19 de xullo de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria e se convocan para o ano 2012, é necesario facer a seguinte corrección:

O parágrafo a) do artigo 2 queda redactado da seguinte forma:

«a) Modifícase o artigo 5 Requisitos dos beneficiarios, número 2, último parágrafo da alínea b, que queda redactado da seguinte forma:

Os técnicos que desenvolvan os traballos deberán estar en posesión do título de enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro técnico agrícola, ou ben, excepcionalmente, e para aqueles cultivos de índole forestal, de enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal».