Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2012/120-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Alejandro Varela Calviño.

Enderezo social: rúa da Garda Civil, nº 49, 1º A, 36500 Lalín.

Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S. de acometida a un C.T. para unha granxa en Penerbosa.

Situación: Rodeiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 440 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. LAL8110472 Rodeiro Cog. Cogal de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio 4 proxectado, do cal continúa subterránea 245 metros con condutor R.H.Z., finalizando no centro de transformación situado nunha granxa en Penerbosa (Negrelos-S. Cibrao) Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra