Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico de Bullos nos concellos de Oza dos Ríos e Aranga na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/12).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, sométese a información pública a solicitude presentada por Estela Eólica, S.L. para as instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: Estela Eólica, S.L.

Domicilio social: avda. de Monserrat nº 25, 4º B, A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Bullos.

Concellos afectados: Oza dos Ríos e Aranga.

Potencia que se vai instalar: 21 MW.

Orzamento total: 24.421.634,13 euros.

Localización do emprazamento (área de afección).

Poligonal parque eólico Bullos.

UTMx

UTMy

1

571.315

4.785.000

2

572.460

4.782.600

3

573.600

4.783.080

4

572.673

4.785.000

Aero

UTMx

UTMy

BLL01

572.042

4.784.521

BLL02

572.158

4.784.289

BLL03

572.341

4.784.105

BLL04

572.592

4.783.970

BLL05

572.323

4.783.549

BLL06

572.635

4.783.372

BLL07

572.823

4.783.111

– Características técnicas da instalación:

7 aeroxeradores Enercon E-101 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria e 99 metros de fuste.

7 centros de transformación de 3.050 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,4/30 kV, Dyn5, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de manobra e protección.

Torre meteorolóxica autoportante de 97 m de altura, equipada con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

Liñas eléctricas soterradas de 30 kV de tensión nominal en canalización entubada, normalmente baixo vía ou ben en terreo libre, para a evacuación de enerxía xerada e interconectando os centros de transformación 0,42/30 kV e a subestación transformadora 30/66 kV.

Subestación transformadora GIS, equipada con transformador de 20/25 (ONAN/ONAF) MVA e relación de transformación 30/66 kV, celas de media tensión 30 kV, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación 30/0,42 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e control.

– Obxecto da información pública:

A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das instalacións. Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/2007, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O estudo de impacto ambiental.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

– Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual.

Para idénticos efectos e no prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Bullos poderase examinar nesta xefatura territorial de Economía e Industria da Coruña, así como nos concellos de Oza dos Ríos e Aranga e na xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así mesmo, poderase examinar o proxecto de execución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nos concellos de Oza dos Ríos e Aranga e nas dependencias desta xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Unha vez finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, achegarase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación cos interesados que sexan descoñecidos, ou cando se ignore o lugar ou o medio da notificación ou ben, se intentada a notificación, non se puidese realizar. As dilixencias relativas ao expediente entenderanse co Ministerio Fiscal nos supostos previstos no artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A Coruña, 25 de maio de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Apelidos e nome

Enderezo

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Part.

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Vía

Parroquia

Concello

C.P.

Provincia

Concello

Pol.

Parc.

Plat.

Sub.

Vía

Gabia

Prot. eólica

Oc. temp.

1

Descoñecido (en investigación)

Oza dos Ríos

24

28

Rego Cebedo

Eucaliptus

1

406,32

2

Concello de Oza dos Ríos

Lois, 33

Oza dos Ríos

15388

A Coruña

Oza dos Ríos

24

29

Rego Cebedo

Eucaliptus

1

6.765,18

1.315,02

2.153,17

649,33

3

Concello de Oza dos Ríos

Lois, 33

Oza dos Ríos

15388

A Coruña

Oza dos Ríos

28

324

Monte Castelo

Prado

1

7.806,48

19.506,31

3.307,36

21.508,09

1.589,92

4

Ares García María Luisa

Manuel Naveira, 51

Betanzos

A Coruña

Oza dos Ríos

509

1

Monte Castelo

Prado

1

4.555,92

5.947,42

1.380,52

12.346,87

572,04

5

Concello de Aranga

Praza Mestre Mosquera, 1

Aranga

15317

A Coruña

Aranga

9

217

Cal da Nogueira

Matorral

1

2.170,43

1.056,6

5.553,4

1.107,16

5.124,88

1.274,53