Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto modificado-II do parque eólico singular de Melón, que se desenvolverá no concello de Melón (expediente IN661A 2005/24-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada polo concello de Melón de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico singular de Melón, que se situará no contorno do lugar de Porto dos Campos, concello de Melón.

A lexislación que basicamente é aplicable para os efectos anteriores é a seguinte: Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ao expediente polo sinalado na disposición transitoria cuarta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (DOG do 29 de decembro); Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e Real decreto 661/2007, do 25 de maio, que establece o réxime especial de produción eléctrica; así como o Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos.

2. Características básicas do proxecto modificado II.

a) Peticionario: concello de Melón.

b) Denominación: parque eólico singular de Melón.

c) Situación: lugar de Porto dos Campos da dorsal A Cabana, estribacións da serra do Suído; concello de Melón.

d) Empresa concesionaria: Eofuz, S.L. CIF: B-27332493.

Castro de Marzá, s/n, 27200 Palas de Rei (Lugo).

e) Coordenadas poligonais, en unidades UTM, da área de incidencia enerxética afectada e da posición do único aeroxerador:

Superficie de afección aproximada: 3,7 ha.

Punto 1 (561.700, 4.680.250); punto 2 (561.850, 4.680.250).

Punto 3 (561.850, 4.680.000); punto 4 (561.700, 4.680.000).

AG01. X: 561.802; Y: 4.680.132.

Potencia admitida a trámite: 1,5 mW.

f) Finalidade: produción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

g) Datos técnicos:

• Aeroxerador de 1.500 kW (1 unidade) de Vensys, mod. Vensys 77.

• Produción neta prevista (2.507 h. eq. anuais): 3,760 GWh.

• C.T. que se van instalar na torre do aeroxerador, de 2.000 kVA e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

• Liña eléctrica subterránea de evacuación, a 20 kV, con 75 m de lonxitude en condutor tipo R.H.Z.1 12/20 3×1×150 mm2, ata o paso soterrado a aéreo.

• Liña eléctrica aérea, a 20 kV, de 4.514 m ata centro de protección e medida para conexión coa rede da empresa distribuidora no Burgo-Melón (proxecto á parte con tramitación singularizada).

• Sistemas de control e supervisión.

h) Orzamento: 2.248.220,62 €.

3. Estudo ambiental.

As medidas protectoras e correctoras figuran no proxecto presentado, debendo observarse tamén aqueloutras impostas a este parque eólico pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no seu informe do 4.5.2012, no que se exime a este proxecto do trámite de avaliación de impacto ambiental.

4. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examinar o expediente nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º de Ourense, e presentar, de ser o caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 31 de maio de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense