Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2012/132-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gonzalo Gutiérrez Vázquez.

Domicilio social: Castro de Cabras nº 5 (San Pedro), 36511 Lalín.

Denominación: L.M.T.A. ao C.T. dunha granxa na Rocha (Castro de Cabras).

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 201 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-250/10 da LMT LAL801 (Rodeiro) no lugar da Rocha, e final no centro de transformación situado na Rocha, Castro de Cabras, San Pedro, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra