Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun almacén de empresa de carpintaría de aluminio.

Juan José Teijeiro Pedreira, con DNI 33327180-l, en representación da empresa Ventanas Sigalsa, C.B. con CIF E-27434877, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun almacén de empresa de carpintaría de aluminio que se situará no polígono industrial 1ª fase, parcelas 7A e 8A, nave 1. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, pola que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia -poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rábade, 20 de xuño de 2012

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde