Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun establecemento dedicado a almacenamento e valorización de residuos (expediente AM/13/12).

Cespa Conten, S.A. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacenamento e valorización de residuos, que se situará no polígono industrial SUR-PPI-7, parcela J, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/13/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

O Porriño, 13 de xuño de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde