Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de información pública sobre a licitación de obras incluídas no POS 2012.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Secretaría.

c) Nº expedientes: OA-01-2012; OA-02-2012; OA-03-2012; OA-04-2012.

1.2. Obras incluídas no POS 2012.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos:

2.a).1. Camiño á Graña-Figueirido-O Silvar.

2.a) 2. Acceso de DP 4803 a Vizús (Centroña).

2.a).3. Acceso de AC-144 a Vilamoide (Ombre).

2.a).4. Camiño de Covés a camiño Vello (Campo Longo).

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (meses): seis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor precio.

4. Orzamentos de licitación.

4.1. Camiño á Graña-Figueirido-O Silvar: A: valor estimado: 47.678,30 €; B: IVE (18%): 8.582,09 €; importe total: A+B: 56.260,40 €.

4.2. Acceso de DP 4803 a Vizús (Centroña): A: valor estimado: 26.817,32 €; B: IVE (18%): 4.827,12 €; importe total: A+B: 31.644,44 €.

4.3. Acceso de AC-144 a Vilamoide (Ombre): A: valor estimado: 40.040,79 €; B: IVE (18%): 7.207,34 €; importe total: A+B: 47.248,13 €.

4.4. Camiño de Covés a camiño Vello (Campo Longo) A: valor estimado: 30.829,35 €; B: IVE (18%): 5.549,28 €; importe total: A+B: 36.378,63 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5% do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Hora límite: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na claúsula 12 do prego-tipo de claúsulas administrativas particulares que deberán rexer para a contratación, mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo), das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 103, do 1.6.2012).

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: rúa Real nº 13.

3ª. Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o sétimo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.pontedeume.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do/s adxudicatario/s os gastos sinalados no prego-tipo. O custo do presente anuncio de licitación ratearase a partes iguais (catro) entre os correspondentes adxudicatarios dos distintos contratos.

Pontedeume, 29 de xuño de 2012

Gabriel Torrente Piñeiro
Alcalde