Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun punto limpo no parque empresarial de Xinzo de Limia.

A Deputación Provincial de Ourense solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a construción dun punto limpo na parcela nº 3 do parque empresarial de Xinzo de Limia. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Xinzo de Limia, 31 de maio de 2012

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde