Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1199/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 1199/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Arnoso González contra a empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Gabriel Arnoso González contra a empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 11 de outubro de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a citada data 11 de outubro de 2011, ao encontrarse sen actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., e a súa administración concursal ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 9.081,45 euros. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é formulado polo demandado, deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36, e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 19 de xuño de 2012

A secretaria xudicial