Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27369

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (19/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 19/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Rodríguez Casero contra a empresa José Lino Costoya Fernández sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Luis Rodríguez Casero, contra José Lino Costoya Fernández, e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 12 de decembro de 2011, e condeno a José Lino Costoya Fernández a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 5.703,48 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 47,529 euros diarios, en ambos os dous casos, descontados os salarios percibidos o 24.2.2012, na cantidade de 28,67 euros. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36, e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa José Lino Costoya Fernández, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de xuño de 2012

A secretaria xudicial