Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.
Domicilio social: r/ Virgen de la Luz 3, baixo. 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T.A. Maceira-Piñeiro fase I.
Situación: Covelo.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.278 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. derivación Porrón-Barcia de Mera-Maceira, no apoio existente situado na central de Maceira e final no actual apoio 4ES01350 da mesma liña. A instalación está situada en Maceira e Piñeiro. Concello de Covelo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 30 de maio de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra