Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Celanova (expediente IN407A 2012/23-3).

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 130 do 2 de xullo de 2012, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 26275:

– No sumario, onde di: «Resolución do 12 de xuño de 2012», debe dicir: «Resolución do 25 de maio de 2012».

– Na data, onde di: «Ourense, 12 de xuño de 2012», debe dicir: «Ourense, 25 de maio de 2012».

– Onde di: «L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 94 m, en aéreo con condutor LA 110/116,2 mm2 con orixe na L.M.T. CEL 804 A Manchica 4 e remate na L.M.T. ao C.T. Coutada (32CG54) con condutor R.H.Z.1», debe dicir: «L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 94 m, en aéreo con condutor LA 110/116,2 mm2 e 40 m en subterráneo con condutor tipo R.H.Z.1, e orixe na L.M.T. CEL804 A Manchica 4 e remate na L.M.T. ao C.T. Coutada (32CG54)».