Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de información pública sobre aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do sector PP-3-R Ponte das Cabras.

O Pleno do Concello de Ferrol, na sesión que tivo lugar o día 26 de abril de 2012, aprobou a proposta de resolución das alegacións presentadas en prazo, así como a aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do sector PP-3-R Ponte das Cabras, promovido por Carlos Muíño Couce e outros.

En cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con data do 22 de maio de 2012 foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado definitivamente cos planos e documentos que o integran.

Segundo o disposto no número 2 do artigo citado, o texto íntegro da normativa e as ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo de aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do sector PP-3-R Ponte das Cabras, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de maio de 2012

José Manuel Rey Varela
Alcalde